31.3.07

Resistencia Psicolóxica

Este é un pequeno xogo psicolóxico.
Consiste en mirar a animación fixamente e o maior tempo que poidas, para determinar o teu aguante psicolóxico.
Facede click aquí para empezar: animación

Podedes comentar qué vos parece a actividade e canto tempo aguantastedes

26.3.07

O touro de Coria

Segundo a lenda, hai tempo, cada ano polas festas de San Xoán un xoven escollido a sorteo entre os habitantes de Coria tiña que ir correndo polo pobo defendéndose con puñais ou navallas dos ataques da demais xente. Case sempre acababa morrendo.
Ata que lle tocou ao fillo dunha rica dama da pobo, e esta, angustiada, cambiou o seu fillo por un touro.

Actualmente a festa de Coria consiste en que o touro deambule polo pobo recibindo dardos coas cerbatanas ata que caia de agotamento, entón os mozos máis "valentes" córtanlle os testículos ao animal.

Creouse unha iniciativa de 50.000 sinaturas para impedir que se celebre mais esta festa, na que pode asinar toda a xente que estea en contra da tortura, o salvaxismo, que teña una chisca de sentimentos e respecto pola vida dun ser vivo.

Desde a ligazón podes asinar, necesitarás menos de un minuto para completala (nome, apelidos, D.N.I.) e axudarás poñendo o teu pequeno gran de area:
Campaña internacional para a abolición do "Touro de Coria".
Comentade que vos parece.

Etiquetas: ,

nexgenwars.com nexgenwars.com nexgenwars.com