23.1.07

xbox 360º Caracteristicas


XBOX 360º CARACTERISTICAS

CPU: Arquitectura xenérica basada en IBM PowerPC CPU con 3 nucleos simétricos a 3.2 GHz each; 2 fíos de instrucción por núcleo (6 fíos por hardware en total).
Rendemetno da CPU nun punto flotante: 115.2 GFLOPS.Procesador Grafico: 500 MHz custom-designed chip, desenrolado por Microsoft and ATI (R500).
Memoria total: 512 MB GDDR3 RAM.Ancho de banda:
Memoria principal: 22.4GB/sec EDRAM rendering memory: 256GB/sec Front Side Bus: 21.6 GB/sec.Nº de poligonos: 500 M/sec.Texturas simultaneas: 16 texturas simultáneas Filtro Bilineal.
Disco Duro: Extraible y ampliable (20 GB mínimo).(Proximamente o de 120 GB)E/S: Mandos inalámbricos x4,3 USB 2.0 ports 2 slots para memoria.Canles de audio: mais de 256.Rede: Sí, optimizado para Online:Instantaneo, gratis acceso as funcions Xbox Live, incluindo 'mercado' Xbox Live Marketplace para descargarse contido, ficha do xogador 'Gamer Profile' para identificación dixital e Party Chat para falar cos amigos mentras se está a xogar , vendo películas ou escoitando música.Tarxeta Ethernet integrada,Wi-Fi Ready: 802.11 A, B and G,Video Camera Ready.Reproducción de peliculas DVD: Sí, built-in progressive scan.Soporta xogos HDTVT: Si.Resolución maxima: 1920x1080.Hai dous pack's de XBOX 360º un chamado "core" que é o mais basico dos dous e o outro chamado "premium" a diferenza en canto a diñeiro e de 100€ pero ainda que custe mais o "premium" compensa xa que se depois de ter comprado o "core" queres comprar todo o que leva o "premium" de mais pois custarache unos 180€ mais.O "premium" leva:acabado en cromo, disco duro,cable ethernet, xbox live headset, xbox live silver, mando inalambrico, cables por compoñentes HD-AV que non leva a "core".


Video de Test Drive Unlimited

One Piece

One Piece; Grand Adventure(PS2).

Despois de traer a España dous xogos basados na serie de televisión (One Piece Grand Battle para PSX e One Piece Round the Land para PS2, ámbolos dous de pésima calidade), e a petición/queixas dos fans de One Piece, Atari (a distribuidora) apoia o lanzamento do videoxogo no noso país, o que xa está a venda. Aquí vos deixo uns cantos datos do xogo.


-DATOS XOGABLES:

Personaxes xogables: 24
Escenarios: 20
Personaxes de axuda: 51
Modos de xogo: 6
Niveis de dificultade:5
Extras: -Tesouros: máis de 100
-Cartas: 266

-Cómo é o xogo...;

-En fidelidade á serie;

Este xogo é completamente fiel ós debuxos xa que están todos os ataques de cada personaxe ata a saga de Ener (ou Enel), e tamén ó darlle á cruceta do mando cada personaxe ten unha reacción diferente (por exemplo Luffy saca/pon o seu sombreiro).

-Na pelexa;

Tódolos personaxes teñen os mesmos botóns para facer os mesmos tipos de ataques, pero cada un a súa maneira.Só cambian nos ataques especiais e no ataque secreto, xa que estes son únicos de cada personaxe.
Tamén hai obxectos metidos en caixas e repartidos polo escenario e que se poden usar tanto de apoio como para atacar.
Cada escenario ten as súas vantaxe-desvantaxes, tes que descubrilas.

-MODOS DE XOGO:

1. Grand Adventure;
É a novidade que trae este xogo, que consiste en recorrer o mundo de One Piece elixindo previamente un capitán de barco, gañar pelexas, subir de nivel acumulando experiencia e recrutando membros para a banda pirata. Pódese desbloquear ata 5 historias de outras bandas pirata.

2. Grand Battle;(Este modo divídese en distintas seccións)

2.1 Versus;

É o máis clásico e consiste en pelexar, elixindo os personaxes que van a loitar, o traxe que van levar, os personaxes de apoio e o escenario. Pero tamén se pode elixir se vas loitar contra un amigo ou a consola,o nivel da CPU, o número de victorias, límite de tempo, se queres desvantaxe, a barra de habilidade (chea, na metade ou baleira) e a frecuencia de obxectos.
Tamén hai unha opción para elixir personaxes creados do modo Grand Adventure doutros xogadores introducindo unha contrasinal que se pode encontrar en Internet ou que cha pode dar un amigo.

2.2 Estadio;

Consiste en seleccionar un personaxe (normal) e loitar para ascender nun ránking, no que comezas de número 100, ata o número 1, e para chegar a este último hai que alternar cos diferentes modos de dificultade.

2.3 Gran Torneo;

Podes competir nun campionato de ata 16 xogadores.As regras son as mesmas que no modo versus, pero sen elixir contra quen vas loitar(é aleatorio).

2.4 Adestramento;

Como o nome suxire, aquí podes practicar tódolos golpes do teu personaxe e elixir a posición da CPU.

2.5 Partidas especiais (ou minixogos);

Hai ata 8 (aquí tes a descrición dalgúns):

-Batalla Vibrante;

Consiste en loitar contra un exército de personaxes de apoio.Tamén se pode xogar con un compañeiro, e o que acabe con mais, gaña o que acabe con máis.

-Carreira de patos australianos;

Aquí terás que controlar o teu pato e chegar antes que o teu opoñente á meta sorteando obstáculos.
Tamén podes ir no waver cando o desbloquees no modo Grand Adventure.

-Estadio de batalla;

Defende a túa portería mentres marcas goles na do teu rival.Tes que coller a pelota (Gaimon) e marcar na portería contraria.Se marcas na túa, perdes 3 puntos.

-RECOMPENSAS;

Aquí están os extras que se poden conseguir no xogo e en qué modo;

-Personaxes xogables:

Conséguense todos no modo Grand Adventure; Só teñen que unirse ó teu grupo cun nivel superior a 15(se non o ten o sobes ti).

-Personaxes de apoio e obxectos da serie:

Tamén se conseguen no modo Grand Adventure, completando os requisitos dos BONUS.

-Perfís dos personaxes:

O desbloquear un personaxe tamén se desbloquea o seu perfil.

-Voces, debuxos, cartas e equipamento:

Desbloquéanse no modo Ránking.



-A MIÑA OPINIÓN:

Este xogo gústame moito pola súa fidelidade con One Piece, xa no manga como na anime, e por ofrecer a posibilidade de controlar os personaxes da serie de debuxos. Pero o que menos me gusta é que está completamente en inglés (menos a manual de instrucións, xa ves), aínda que para pelexar non hai que ter un nivel moi elevado de inglés.
Teño que dicir que o xogo gaña puntos por superar en TODO ás dúas versións anteriores, ambientadas na serie que saíron anteriormente en España, que daban moita peniña.

NOTA: Se tedes algunha dúbida ou queredes que amplíe algún apartado poñede un comentario nesta entrada.

3.1.07

Firmware 3.02

Outra vez os usuarios de PSP temos que da-las grazas a Dark_AleX polo seu novo firmware 3.02 Link e capaz de emular os teus xogos de Playstation.Xa non e necesario volver a pagar polos xogos de PSX que teñamos para emulalos na PSP,incluso ainda que non esten todavía no PS3Store.

Tutorial
Tede cuidado e facede todo o que ven no tutorial xa que si non o facedes podedesvos quedar sin psp!:s
nexgenwars.com nexgenwars.com nexgenwars.com