13.2.07

GEARS OF WAR

Gears of war:

Que dicir deste xogo?... estreouse o 17 de Novembro en Europa e dez días antes en Estados Unidos, pero, en tan só un mes e medio converteuse no mellor xogo do 2006 deixando a un lado aos que se consideraban os mellores ata entón. Este xogo só saíu para XBOX 360.
Un xogo que custou facelo sobre uns 10 millóns de $ pero que a empresa xa ten pagos grazas a que é un dos xogos máis vendidos do Nadal.
A miña opinión:
Foi o primeiro dos que xoguei na XBOX 360 e deixoume abraiado cuns gráficos que parecen case reais, uns efectos abrumadores e todo isto acompañado dunha gran banda sonora.
O GOW paseimo de dous no modo "informal" ("o máis fácil"), esta pequena aventura durounos unhas 16 horas (son as horas que están a pór os deseñadores nos novos xogos de primeira ou terceira persoa) pero se queres ter este xogo non che pode faltar o modo on-line xa que desta maneira o xogo farase interminable, tamén na rede ten uns gráficos abraiantes e pódese xogar ata 64 xogadores á vez, divididos nos dous bandos.
Ten dúas modalidades máis:
"realista" Un modo no cal non se nota moito a diferenza co primeiro modo "informal", onde se nota máis diferenza é no modo "loucura", o mellor. Tes que repetir os capítulos unha e outra vez ata que che saía, se non es moi habilidoso, pero tamén se pasa mellor debido a que nos outros modos podes ir sen pensar sen que che importe, pero neste tes que ir pensando todo o tempo xa que chesácan moita vida ao darche dúas veces e tes que parar a recuperar vida, isto leva uns trinta segundos. Para desbloquear esta última fase tes que que rematar o segundo nivel de dificultade.
Nos tres modos ao final terás que matar a RAAM (o último inimigo) pero na última modalidade é do máis difícil.
O que botei en falta neste xogo son "os malos malísimos" que aparecen nalgúns vídeos pero que nesta entrega só aparecen nun par de vídeos...
Espero a saída das próximas entregas deste xogo. Falase de máis tres novas entregas e nelas poderás loitar contra os "malos malísimos".
É un dos xogos que marca un antes e un despois como os GTA.

O vídeo máis visto (ESCOITADE A MÚSICA)
nexgenwars.com nexgenwars.com nexgenwars.com